Scolopax

Scolopax
Woodcock earthworm.jpg
Arcea (Scolopax rusticola)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Subfamilia: Scolopaci
Xénero: Scolopax
Linnaeus, 1758
Especie tipo
Scolopax rusticola
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Scolopax é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, o tipo da familia dos escolopácidos e da subfamilia dos escolopacios.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi creado en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2]

Etimoloxía

O nome científico Scolopax tirouno Linneo do latín vulgar scolopax, derivado do grego antigo ασκαλωπας ou ασκαλοπας, askalōpas ou askalopas, "arcea".[3]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Philohela G.R.Gray, 1841
  • Scoloponica Vieillot, 1816
  • Scopolax Linnaeus, 1766

Especies

Na actualidade recoñécense, segundo o GBIF, as seguintes especies:[2]

  • Scolopax aegocephala Linnaeus, 1758
  • Scolopax brachycarpa Takano & Steadman, 2015
  • Scolopax bukidnonensis Kennedy, Fisher, Harrap, Diesmos & Manamtam, 2001
  • Scolopax celebensis Riley, 1921
  • Scolopax hutchensi Emslie, 1998
  • Scolopax minor Gmelin, 1789
  • Scolopax mira Hartert, 1916
  • Scolopax rochussenii Schlegel, 1866
  • Scolopax rosenbergii Schlegel, 1871
  • Scolopax rusticola Linnaeus, 1758
  • Scolopax saturata Horsfield, 1821

Nota taxonómica

A taxonomía do xénero está a ser moi discutuida e moitos autores consideran menos especies. Por exemplo, J. L. Peters admitía en 1934 oito,[4] pero bate o récord o WoRMS, que só considera válidas dúas:[5]

Caractarísticas e ecoloxía

Scolopax minor escondida na herba

As especies de Scolopax teñen o corpo rexo, críptico, coa plumaxe parda e amourada e o pico longo e esvelto. Os seus ollos están situados aos lados da cabeza, o que lles permite unha visión de 360°.[6] A diferenza da maioría das aves, a punta da mandíbula superior do pico é flexíbel.[7][8][9]

Estas especies son aves dos bosques. Aliméntanse pola noiteoite, buscando invertebrados en terreos brandos cos seus longos picos. Este hábito e a súa discreta plumaxe dificulta a súa observación cando descansan durante o día.[7][9][10]

O abano de hábitos reprodutivos de Scolopax rusticola esténdese desde o oeste de Irlanda cara ao leste, por Europa e Asia, preferindo principalmente as rexións de bosque boreal incluíndo o norte do Xapón, e tamén os límites setentrionais da zona arbórea en Noruega. Continuando cara ao sur até os Pireneos e os límites norte de España. Atopáronse niños en Córsega e hai tres centros de reprodución illados no Atlántico nas Azores, Madeira e as Illas Canarias. En Asia os sitios de reprodución pódense ver tan ao sur como Caxemira e o Himalaia.

Evolución

Só dúas especies de Scolopax están moi espalladas, as outras son endémicas de illas moi localizadas. A maioría encóntranse no hemisferio norte, pero algunhass atópanse nas Illas maiores da Sonda, na Wallacea e en Nova Guinea. Os seus parentes máis próximos son as becadas e becacinas do xénero Gallinago.[7] [11] Como ocorre con moitos outros xéneros de limícolas, as liñaxes de Gallinago e Scolopax probabelmente diverxeron ao redor do Eoceno, hai uns 55,8-33,9 millóns de anos, aínda que o xénero Scolopax só se coñece desde finais do Plioceno.[12]

Sábese que as especies de becadas experimentan unha rápida especiación nas cadeas de illas, sendo os exemplos existentes a Scolopax mira nas illas Ryukyu e varias especies de becadas nas illas de Indonesia, Filipinas e Nova Guinea. Evidencias subfósiles indican a presenza doutra radiación de especies de becadas nas Antillas Maiores; estas becadas do Caribe poden estar máis relacionadas coas especies do Vello Mundo que coas do Novo Mundo, e probablemente foron eliminadas pola incursión humana na rexión.[13]

Notas

  1. Scolopax Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 12 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Scolopax Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 13 de setembro de 2022.
  3. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 351.
  4. Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, páxina 278.
  5. Scolopax Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 13 de setembro de 2022.
  6. woodcock (bird) – Britannica Online Encyclopedia. Britannica.com. Consultada o 13 de setemro de 2022.
  7. 7,0 7,1 7,2 Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-3956-0237-8.
  8. Mousley, H. (1934): "The earliest (1805) unpublished drawings of the flexibility of the upper mandible of the woodcock's bill". Auk 51 (3): 297–301.
  9. 9,0 9,1 McKelvie, Colin Laurie (1993): Woodcock and Snipe: Conservation and Sport. Victoria, Australia. ISBN 978-1-8531-0713-9.
  10. Kennedy, Robert S.; Fisher, Timothy H.; Harrap, Simon C. B.; Diesmos, Arvin C. & Manamtam, Arturo S. (2001): "A new species of woodcock from the Philippines and a re-evaluation of other Asian/Papuasian woodcock" (PDF). Forktail 17 (1): 1–12.
  11. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28.
  12. Finlayson, Clive (2011): Avian survivors: The History and Biogeography of Palearctic Birds. Londres, Reino Unido: Bloomsbury Publishing, p. 204. ISBN 978-1-4081-3732-1, p. 204.
  13. Takano, Steadman (2015): "A new species of Woodcock (Aves: Scolopacidae: Scolopax) from Hispaniola, West Indies". Zootaxa 4032 (1):117.

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
  • Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Woodcock. Scolopax Linnaeus 1758 na EOL.
Control de autoridades
  • Wd: Q642855
  • BRE: 1897694
  • EBID: ID
  • MAG: 2781415797
Identificadores taxonómicos